MANIFESTACIÓN DO ORGULLO_CORUÑA ANOS OITENTA. una instalación para el CONTENEDOR DE FEMINISMOS

Uqui Permui e Anxela Caramés están traballando en como retomar o arquivo do feminismo en Galicia a través de Sen consigna. Contenedor de feminismos, un proxecto amplo e a longo prazo, que aínda se atopa na fase de repensar os mecanismos e buscar os medios para poder levalo a cabo. A súa iniciativa entrelazouse coa miña necesidade de repensar os modos nos que se amosan as cousas, nos que se producen procesos colectivos, nos que se contan e actualizan as historias, cando a súa lembranza abre outras capas de significado.
Parecíame urxente visibilizar a necesidade de sacar adiante esta proposta, polo que propuxen un dispositivo móbil -á disposición do contexto e do relato a documentar- que servise para poder ir exhibindo mostras do material que se está a recopilar para o arquivo. Penseino como un contenedor que permitise reflexionar sobre o feito de arquivar, mostrando as contradicións entre o dito e o acontecido, entre o naturalizado e o baleirado a forza de usalo; sería un cuestionamento en sí mesmo, celebrando o proceso como forma.
Interésame falar do lugar intermedio entre o público e o privado, recuperando así ás persoas que están detrás dos procesos colectivos, e isto é o que fixemos na primeira "document-acción" en Vila Xoán -no concello de Vilagarcía de Arousa- na que falamos con catro das protagonistas das loitas das mulleres no sector conserva, rememorando o peche da fábrica Odosa hai vinte anos.
Carme Nogueira

